martes, 18 de octubre de 2011

Google Calendar



PARA QUÉ?
Servizo de Google que nos permite crear unha axenda acesible dende web ou móvil, que poderemos compartir con outros, incrustar nunha páxina web ou blogue, e dende a que obter recordatorios por correo electrónico ou mensaxe de móvil

ONDE?
Na páxina principal de google clic sobre calendar ou directamente aquí

COMO?
1. Precisamos dunha conta de correo electrónico de Gmail. Na páxina de acceso escribimos nome de usuario e contrasinal. Resistrámonos (Nome, Apelidos, Ubicación...)
2. Despois do resistro accedemos a páxina principal do calendario. Podemos empezar a usar o calendario por defecto que levará o nome da nosa conta de correo electrónico e crear outros. Tamén aparecerá por defecto o de días festivos.Sobre cada calendario creado, poderemos editar os detalles, decidir como o queremos compartir e configurar as notificacións
3. Sobre os días do calendario escribimos os eventos que nos interesan e editamos as súas propiedades.
4. Se queremos publicar o noso calendario por exemplo nun blogue debemos configuralo como compartido. Facemos botón dereito dobre o calendario que queremos compartir e en configuración do calendario facemos clic sobre "incrustar este calendario", personalizamos as opcións, copiamos o código e o pegamos no blogue.

TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS

videotitoriais en youtube e outros

No hay comentarios:

Publicar un comentario