martes, 28 de febrero de 2012

XVIII edición del Concurso Euroscola

La Oficina de Información del Parlamento Europeo en España, en colaboración con la Representación en España de la Comisión Europea, convoca la XVIII edición del Concurso Euroscola.
Coincidiendo con el AÑO EUROPEO DEL ENVEJECIMIENTO ACTIVO Y DE LA SOLIDARIDAD INTERGENERACIONAL y con el 25 ANIVERSARIO DEL PROGRAMA ERASMUS, el tema central de esta edición dará a conocer las oportunidades que brindan los programas europeos de intercambio educativo dirigidos a los jóvenes y sus profesores, destacar la importancia del aprendizaje a lo largo de toda la vida y fomentar la solidaridad entre generaciones.
El Concurso se desarrollará en 2012 a través de la Web www.euro-scola.com.

Concurso Euroscola

No seguinte enlace tedes toda a información para participar no Concurso Euroscola

jueves, 23 de febrero de 2012

Práctica 19: Ejercicios Inkscape.

No voso correo electrónico tedes un arquivo chamado instrucciones en donde van incluidos diferentes exercicios relativos a Inkscape.

Realizamos os seguintes exercicios:

Ejercicio 1: Descargar el programa (realizar no voso ordenador da casa, posto que aquí o Inkscape xa está instalado).
Ejercicio 2: Entorno de trabajo
Ejercicio 3: Crear un dibujo vectorial
Ejercicio 4: Crear un icono de novedades
Ejercicio 5: Crear un icono de página en construcción
Ejercicio 6: Dibujar un caracol

jueves, 16 de febrero de 2012

Debuxo vectorial: INKSCAPE

Inkscape é un editor de gráficos vectoriais de código aberto, con capacidades similares ao Illustrator, Freehand ou CorelDraw, usando o estándar da W3C: o formato de arquivo Scalable Vector Graphics (SVG).

As características de SVG soportadas inclúen formas básicas, traxectorias, texto, transformacións, gradientes, edición de nodos, exportación de SVG a PNG, agrupación de elementos, etc.

O programa ten múltiples opcións como a posibilidade de manexar formatos de imaxe como PNG, JPG, BMP ou TIFF; sistemas de capas; figuras predeterminadas; etc.

Esta aplicación tamén é capaz de editar en XML, ademais de ter case todas as ferramentas propias de calquera editor de imaxe vectorial.

Descarga de Inkscape: Aquí.

Manual de Inkscape: Aquí. (PDF de Joaquín Herrera Goás)

martes, 14 de febrero de 2012

II Concurso de marcapáxinas

II Concurso Europeo de Marcapáxinas sobre a figura do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2012: Valentín Paz Andrade

BASES:
1. Poderá participar o alumnado de todos os centros europeos por medio do proxecto eTwinning Letras Galegas 2012 – Valentín Paz Andrade, ademais do alumnado do IES San Clemente.
2. Tema: o marcador debe recoller algunha imaxe relacionada con Valentín Paz Andrade ou a súa obra e tamén algún texto alusivo, algunha estrofa dun dos seus poemas, etc.
3. Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos. O prazo de admisión será até o 29 de abril ás 12 horas e o xurado dará a coñecer a súa decisión no mes de maio.
4. Admitiranse dous traballos como máximo por cada participante.
5. Cada marcador deberá ter dúas caras.
6. Medidas: 18x5 cm.
7. Os traballos poderán estar realizados en calquera tipo de material e poderán ser presentados en papel ou en formato dixital BMP ou PNG, con resolución 300dpi.
8. Se se presentan en papel, deben remitirse por correo ordinario ou poderán entregarse na conserxaría do instituto. No sobre deben figurar os datos persoais do concursante.
9. Tamén se poden presentar en formato dixital enviándoos a scedlg@gmail.com xunto cos datos persoais.
10. O IES San Clemente realizará unha exposición con todos os traballos presentados a concurso.
11. Haberá un primeiro premio por valor de 100€ e un segundo por valor de 75€, ambos en material escolar e informático. Non se poderán declarar desertos.
12. A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes bases.

jueves, 2 de febrero de 2012

Práctica 18: GIMP II

Realizamos unha nova colección de prácticas de GIMP máis avanzadas (Nove prácticas). Procedemos como antes, realizádeas e publicade como entrada no voso blogue as imaxes iniciais e retocadas co Gimp.