miércoles, 28 de septiembre de 2011

Práctica o: Presentacións powerpoint

Co obxectivo de realizar unha avaliación inicial realizanse e expoñense presentacións powerpoint por cada un dos alumnos relacionadas cos seguintes temas: Os ordenadores- Evolución histórica, Software libre, As redes sociais, Hardware, Programas de edición fotográficos, Programas de edición de audio, Internet: Vantaxes e perigos do seu uso.....

Faise unha primeira avaliación non só do dominio do powerpoint senón tamén das técnicas de elaboración dunha presentación, esquematizacións e presentación en público. Cada alumno fai a súa presentación, posteriormente fanse comentarios, propostas de mellora e un debate entre todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario